HomePolíticaAprazamento de impostos, unha medida ben recibida polo BNG monfortino

Aprazamento de impostos, unha medida ben recibida polo BNG monfortino

O grupo nacionalista no Concello de Monforte lembra que o pasado 6 de abril presentaron no rexistro, e dentro dunha batería de propostas, medidas fiscais encamiñadas ao aprazamento de impostos.

Publicado o

- Advertisement -

O concelleiro do BNG en Monforte, Emilio J. Sánchez, aplaude que se tivese en conta unha das súas propostas fiscais. Valora positivamente que o goberno local decidise adiar o pago da taxa do lixo e o imposto sobre vehículos de tracción mecánica, establecendo como novo prazo para liquidalos o comprendido entre o 1 de xuño e o 31 de xullo de 2020.

A listaxe de medidas presentada o pasado 6 de abril inclúe propostas concretas, executables e ideadas para o amortecemento dos efectos do COVID19, primeiro nos seres humanos e a súa saúde, e despois encamiñadas a evitar o empobrecemento e a caída do emprego e da actividade económica local.

No comunicado de prensa, os nacionalistas monfortinos queren transmitir tamén o seu apoio aos profesionais que están “na primeira liña” e reclamar, en palabras do seu voceiro Emilio J. Sánchez, que “é necesario dispoñer en Monforte de material suficiente e axeitado para o persoal sanitario, sociosanitario, de atención ao público (supermercados, gasolineiras, farmacias, estancos) e deben dotalo as administracións competentes, nomeadamente a Xunta de Galicia porque así o establece o actual marco competencial”.

Así mesmo, esixen o cumprimento estrito de protocolos de illamento e de traslado nos centros sociosanitarios de Monforte nos que se introducise o coronavirus, e apelan á responsabilidade das administracións competentes, neste caso da Xunta de Galicia, para evitar as graves consecuencias que se están a vivir noutros xeriátricos galegos.

Para rematar, trasladan o seu agradecemento ao persoal das residencias monfortinas polo seu labor de contención, porque malia os traslados e o contaxio de persoal, estiveron sempre dando a cara en primeira liña.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...