HomePolíticaComisión para a reactivación económica do concello, demanda do PP de Monforte

Comisión para a reactivación económica do concello, demanda do PP de Monforte

O PP de Monforte demanda a creación dunha comisión para a reactivación económica do concello coa crise da Covid19 e reclaman ao alcalde a convocatoria dunha sesión de pleno ordinaria.

Publicado o

- Advertisement -

O grupo municipal do PP en Monforte cre que se debe crear unha comisión para impulsar a reactivación económica do municipio. Os populares din que debe estar integrada por representantes de distintos sectores sociais e produtivos co fin de estudar que medidas pode aplicar o Concello, cos seus propios recursos, para axudar a que a saída desta difícil conxuntura se produza nas mellores condicións posibles.

A portavoz popular considera que na comisión que propón deben estar representados, ademais dos grupos municipais, como mínimo, o Centro Urbano Comercial, Consello Regulador da Ribeira Sacra, Consorcio de Turismo, Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, sector gandeiro, empresarios da hostalaría e turismo, Confederación de Empresarios e a banca, entre outros sectores, como asociacións de veciños, Cruz Vermella, etcétera.

No aspecto máis sanitario da crise, o PP solicita un maior esforzo do servizo municipal de limpeza para desinfección de rúas e de espazos públicos urbanos. Igualmente, quere que se intensifique o control sobre a calidade destas tarefas, que considera de gran importancia agora que comeza a desescalada no confinamento.

Por outro lado, os populares reclaman ao alcalde a convocatoria dunha sesión de pleno ordinaria, xa que non se celebraron as correspondentes a marzo e abril. Katy Varela recorda que só houbo unha sesión de carácter extraordinario, que non pode substituír as ordinarias. Sinala que o pasado pleno extraordinario demostrou que non ofrece ningunha dificultade o feito de que teñan que ser reunións telemáticas.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...