HomePolíticaMedidas de alivio para a hostalería pide o PP de Monforte ao...

Medidas de alivio para a hostalería pide o PP de Monforte ao concello

Demándase a autorización da ampliación das terrazas e a exención ou a bonificación de impostos.

Publicado o

- Advertisement -

O grupo municipal do Partido Popular de Monforte levará ao Concello varias propostas de apoio ao sector da hostalería local, para superar as dificultades económicas derivadas da crise sanitaria debida ao coronavirus. Así o anunciou a portavoz popular, Katy Varela, despois da reunión telemática mantida co presidente da Asociación Provincial de Hostalería, Cheché Real, e a delegada desta entidade para a zona sur da provincia, Beatriz Vila Freire.

Os hostaleiros apuntaron dúas medidas que poden ser aplicadas polo Concello e que serían de gran relevancia para o sector: a autorización da ampliación das terrazas, imprescindible dadas as necesidades de espazo que impoñen as medidas para evitar contaxios e as limitacións de aforos e mediante a exención ou a bonificación de impostos.

O grupo municipal do PP xa presentou distintas iniciativas no Concello para deseñar medidas de apoio para a reactivación económica. Unha das propostas foi a creación dunha comisión, integrada por todos os grupos políticos e representantes dos distintos sectores dos tecidos produtivo e social, cuxa finalidade sería a de asesorar no deseño do plan de intervención municipal.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...