HomePolítica"A temeridade do alcalde cústalle a Chantada 120.000 euros", asegura o PSOE

“A temeridade do alcalde cústalle a Chantada 120.000 euros”, asegura o PSOE

O PSdeG-PSOE de Chantada asegura que os veciños de Chantada deberán pagar en concepto de intereses 120.000 euros pola mala praxe do alcalde, Manuel Lorenzo Varela, na contratación de obras.

Publicado o

- Advertisement -

No pleno extraordinario que se celebrou o pasado xoves 18 de xuño, un dos puntos da orde do día era o dunha modificación de crédito por valor de 120.000 euros coa finalidade de facer fronte aos intereses que una empresa construtora reclamou xudicialmente por obras feitas no ano 2015.

Dende o Grupo Municipal Socialista aseguran que se alertou ao grupo de goberno sobre a irregularidade que se estaba a cometer nesta cuestión, “xa que se trataba de obras adxudicadas a dedo, sen partida orzamentaria para tal fin e sen os proxectos pertinentes.”

Segundo sinalan os socialistas, o pago das obras, realizadas no 2015 por dúas empresas, ascendía a uns 600.000 euros, e interpuxeron un recurso de reposición. Agora, cinco anos despois, “o concello é obrigado a indemnizar a una das empresas que levou a cabo aquelas obras con 120.000 euros que sairán do peto da veciñanza precisamente nun momento de crise sanitaria, económica e social no que todos os recursos son poucos para poder palialas.”

Desde o PSOE aseguran que lamentan “a neglixente acción, a despreocupación e o desleixo na xestión de Manuel Lorenzo Varela que sufrimos e pagamos todos os chantadinos e chantadinas.”

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...