HomesociedadeCortan un tramo da N-120 próximo ás vilas de Quiroga e San...

Cortan un tramo da N-120 próximo ás vilas de Quiroga e San Clodio

As obras, que teñen como obxectivo sanear noiros para evitar desprendementos, comezaron este pasado 5 de outubro e alongaranse ata principios de decembro deste ano. O desvío leva aos vehículos por un tramo da estrada LU-933, paralela á N-120.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostenible comezou o pasado luns 5 de outubro unhas obras dirixidas a reparar noiros da N-120 coa intención de evitar que se repitan desprendementos que afecten a esta concurrida estrada. Para poder traballar en condicións de seguridade procederon ao corte dun tramo de vía entre os quilómetros 490,5 e 493,5, comprendidos entre a antiga Discoteca N-120 e o acceso de entrada a Quiroga e San Clodio.

Os labores consistirán en sanear a parte superior dun importante noiro que xa sufriu un desprendemento meses atrás, retirar toda a masa de roca mobilizada e os materiais amoreados ao pe do desmonte e, posteriormente, instalar unha pantalla dinámica de alta enerxía para evitar novos desprendementos.

As obras alongaranse, segundo previsións do Ministerio, ata o venres 4 de decembro de 2026; mais cómpre ter en conta que as condicións meteorolóxicas adversas poderán alongar o devandito prazo.

CORTE DE TRÁFICO E DESVÍO

Por mor da envergadura dos traballos, e co fin de garantir a seguridade dos traballadores e usuarios, a circulación pola N-120 estará afectada con cortes de tráfico e un desvío provisional.

Estas afectacións teñen dúas fases. Na primeira levouse a cabo un corte da N-120 entre os quilómetros 490,5 e 493,5, corte total da estrada que leva aos vehículos a desviarse pola LU-933 –que pasa por Espandariz– ata os accesos ás vilas de San Clodio e Quiroga así como á propia N-120. Na segunda fase abrirase un carril da propia N-120 no tramo do corte.

Plano de afectación ao tráfico e itinerario alternativo. Fonte: Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostenible

ÚLTIMAS

600.000€ da Vicepresidencia da Deputación en 554 axudas para asociacións culturais

A resolución concede 554 axudas, 318 para a organización de actividades de interese cultural...

O Camiño de Inverno e o ceo Starlight de Chantada danse cita o 9 de outubro na xornada Ceo no Camiño

A iniciativa que forma parte da actividade astroturística do Concello de Chantada está financiada...

Chantada comeza as obras de rehabilitación do edificio da Academia como nova Casa Consistorial

Este luns, 5 de outubro, asinouse a acta de replanteo que permitirá comezar coas...

Este xoves, 8 de outubro, comeza no Multiusos de Monforte a programación teatral do último trimestre

O concello de Monforte presenta unha completa programación teatral deseñada desde a Concellería de...