HomeTerra de LemossanidadeO hospital de Monforte queda sen atención telefónica durante as fins de...

O hospital de Monforte queda sen atención telefónica durante as fins de semana

Publicado o

- Advertisement -

Dende a Cig-Saúde Monforte denuncian que dende a dirección do centro hospitalario de Monforte tomaron a decisión de prescindir dunha persoa que atendese as chamadas durante as fins de semana a partires do vindeiro 1 de agosto.

Dende Cig-Saúde Monforte defenden o modelo actual existente onde dous telefonistas atendían as chamadas de luns a domingo en Monforte. Segundo a formación, eles teñen información de primeira man xa que están en contacto directo cos servizos cousa que os operadores de Lugo non teñen e non saben como se distribúen as cargas de traballo nin o funcionamento do hospital comarcal.

Por outra banda, a Dirección do Hospital defende a medida da supresión dunha praza de telefonista e a consecuente derivación do servizo a Lugo durante a fin de semana, porque é máis precisa unha vacante de administrativo que de operario telefónico. Deste xeito, soamente se cambia a actividade dunha praza, sen destruir nin xeran emprego.

Por todo isto, dende a formación sindicalista manifestan que eles non están en contra da creación dunha vacante de auxiliar administrativo pero si de que se suprima o servizo existente ata o momento para acadar o novo propósito da dirección.

 

 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...