HomePolíticaIrreguladidades nun proceso selectivo en Pantón?

Irreguladidades nun proceso selectivo en Pantón?

Durante as últimas semanas o BNG de Pantón asegura que recibiu moitas queixas sobre posibles irregularidades no proceso selectivo que se está a levar a cabo no concello, sobre as probas realizadas, a alteración de horarios destas, a adecuación das mesmas á categoría Profesional, e mesmo a 'non procedencia do Tribunal'

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo o BNG de Pantón, as canles para a denuncia do proceso son reclamar no período que citan as propias bases, e se fora o caso canalizar a denuncia pola vía contencioso-administrativo ou do social, segundo o que se denuncie.

Dende o BNG lembran que os procesos de acceso a postos de traballo deben estar suxeitos á transparencia, “e existe a obriga legal de respectar sempre os principios de igualdade, mérito e capacidade no acceso a postos de traballo público.”

Máis alá diso, sinalan os nacionlistas, cadaquén debe valorar que medidas emprender e en que termos, “xa que de nada vale enfadarse ou criticar ao goberno municipal se despois non se toman as medidas axeitadas, nin se dan pasos adiante para rematar cun sistema perverso que favorece a uns poucos e perxudica á maioría.”

“Acabar co caciquismo é fundamental para a supervivencia do noso concello, e non podemos ter medo da democracia nin dos principios nos que esta se basea, aquelas persoas que teñen os méritos e a valía accederán a postos públicos sen ter que coñecer a ninguén, nin render pleitesía” afirma Rosa Ana Prieto Florines, voceira municipal do BNG que evita pronunciarse sobre a legalidade do proceso, que considera debe determinar a xustiza non os políticos.

ÚLTIMAS

Sanidade mantén oito semanas de vixilancia na residencia de Monforte tras o gromo de sarna

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, explicou que a Dirección Xeral de Saúde...

4 Grandes Medallas de Ouro e 14 Ouros para a D.O. Ribeira Sacra no Mondial des Vins Extremes

O certame que se celebra no Val de Aosta, Italia, é un dos principais...

O BNG de Monforte recolle case 200 alegacións en dúas horas contra a ponte do Malecón

Desde a formación nacionalista repartíronse folletos con planos, medidas e datos técnicos extraídos do...

O 13 de setembro ás 12:00 “Monforte en Marcha contra o Cancro”

A V edición de “Monforte en Marcha Contra o Cancro” pretende fomentar a práctica...