HomePolíticaO PP de Monforte reclama mellorar o estado dos regatos que desembocan...

O PP de Monforte reclama mellorar o estado dos regatos que desembocan no Cabe

O grupo municipal do PP presenta un par de preguntas e un rogo para o próximo pleno da corporación de Monforte. O rogo ten por obxectivo que o Concello faga as xestións necesarias para a mellora dos afluentes do Cabe no termo municipal de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A portavoz popular, Katy Varela, lembra que no pasado pleno presentaran un rogo no que solicitaban ao equipo de goberno as actuacións necesarias para que se leve a cabo a limpeza dos seguintes regatos: Río Seco, Zapardiel, e Malloadas, nos que hai gran cantidade de maleza e lixo. Durante o verán nada se fixo, afirma a portavoz popular, e a situación empeorou. “Ademais, na desembocadura destes regatos prodúcense con frecuencia vertidos fecais, como no caso do Zapardiel, ou no Malloadas no parque dos Condes”, sinala.

Unha das preguntas afecta á rúa máis emblemática da cidade do Cabe: O Cardenal. Os populares queren saber a que se debe que despois de cinco meses de acabadas as obras de reforma desta rúa, os accesos a ela sigan bloqueados ao tráfico rodado por materiais de construción.

Por outro lado, os populares queren saber se os informes técnicos inclúen algunha estimación económica do custe dos arranxos que serán necesarios ao fío da prevista resolución do contrato de xestión e explotación da piscina municipal. Neste sentido, Katy Varela sinala que “no pleno dos pasado mes de agosto aprobouse o inicio de resolución de contrato de xestión e explotación da piscina municipal climatizada, dos servizos de cafetería, e das pistas de tenis municipais da Pinguela”.

ÚLTIMAS

Courel Vivo denuncia ante o Valedor do Pobo a precaria situación médica do concello

Lembran que os días que non hai médico en Seoane, o centro médico máis...

Por Chantada esixe actuación municipal fronte aos proxectos de baterías Belesar I e II

Por Chantada – Interior Galego Vivo defenderá no Pleno ordinario do próximo 28 de...

“Risas con perspectiva feminista” en Sarria

O Concello de Taboada acollerá este domingo 24 de maio un espectáculo de humor titulado “Risas con...

O Centro de Interpretación da Música de Raíz da Seara, anfitrión do ‘Radiovisual do Patrimonio’

No marco do proxecto 'RadioVisual do Patrimonio', no que a escola sae ao encontro...