HomePolíticaO PP de Monforte demanda un plan de turismo sostible

O PP de Monforte demanda un plan de turismo sostible

Os populares acusan ao goberno monfortino de resignarse diante da "situación de decadencia da cidade do Cabe", que se reflicte, segundo din, na falta de iniciativas para fomentar o turismo e estimular a economía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O grupo municipal do PP de Monforte considera necesario que o Concello elabore un plan de turismo sostible a desenvolver ao longo de varios anos. Por elo, segundo explica a portavoz popular, Katy Varela, “no pleno correspondente ao mes en curso defenderemos unha proposta para deseñar un plan de turismo sostible, acorde as circunstancias actuais, de crise sanitaria, porque nos parece fundamental impulsar Monforte como destino turístico seguro; pode ser unha gran ferramenta para impulsar a economía de Monforte”.

Os populares constatan abandono por parte do equipo de goberno en canto ao desenvolvemento económico e demográfico de Monforte e consideran o plan de turismo a longo prazo como unha boa saída. A portavoz popular sinala: “O edificio da Praza do Doutor Goyanes no que estaba previsto abrir o centro de interpretación do Camiño de Inverno, que pasa por Monforte, segue pechado; cinco anos despois da cesión  deste local, non ten uso. Non funciona nin como centro de interpretación nin como oficina de turismo; temos un local pechado no centro da cidade, onde podía dar moito xogo para fines relacionados co turismo”.

Os concelleiros do PP reclaman do equipo de goberno presidido por Tomé máis proxectos de futuro para o municipio. “Hai que ter en conta que o turismo que ata agora visita a Ribeira Sacra e toda a comarca, é un turismo de carácter familiar que busca tranquilidade e seguridade, por ese motivo segue a ser un destino visitado a pesar da Covid-19, e non se debe perder esta oportunidade precisamente nestes intres”.

A moción dos populares inclúe seis propostas. Por un lado, o PP quere establecer unha partida para publicidade nas redes sociais e nos buscadores de Internet, de maneira que con determinados termos, Monforte saia nos primeiros postos das buscas. Igualmente considera necesario instar ás administracións competentes a unha mellora do transporte público para adecuar as comunicacións as necesidades da cidade.

Nas propostas populares figura tamén dotar á oficina de turismo dunha sinalización axeitada por toda a cidade para que os turistas poidan encontrala con facilidade. Igualmente cren preciso instar á Deputación Provincial a arranxar os problemas que provocaron o peche da cafetería do embarcadoiro Ponte do Sil e sacala a concurso novamente.

Por outro lado, o Partido Popular propón establecer axudas ao emprendemento e a innovación en negocios e proxectos sostibles e seguros vinculados co turismo, así como aproveitar as posibilidades que ofrece o camiño de inverno en Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...