HomePolíticaTaboada aproba unha moción socialista para reclamar máis recursos para o colexio

Taboada aproba unha moción socialista para reclamar máis recursos para o colexio

O Pleno da Corporación de Taboada aprobou unha moción socialista, que contou coa abstención do PP, coa que se reclaman melloras para o Colexio trala situación excepcional xerada pola COVID. A moción demanda que o Concello inste á Xunta de Galicia a diminuír a ratio de alumnos por aula e que se inclúa no proxecto orzamentario do 2021 do Concello unha liña de subvencións para axudar na compra de material escolar dixital.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta proposta tamén se solicita proporcionar maior dotación orzamentaria ás partidas destinadas á limpeza dos centros educativos do Concello; convocar unha reunión reunión urxente cos representantes dos centros educativos do Concello e coa ANPA; así como a creación dun Consello Escolar Municipal que se reúna periodicamente para estudar e avaliar a adopción das diferentes medidas. 

O Voceiro Socialista, Roi Rigueira, alude as explicacións do Alcalde neste asunto, coas que di quere botar balóns fóra, xa que sinala que as competencias do Concello no CPI son moi limitadas e que non se pode facer moito máis do que se está facendo. “Pero dende o Grupo Socialista non imos quedarnos sentados e de brazos cruzados esperando a ver si alguén move un dedo para mellorar a situación no Colexio, por iso insistimos, o Concello de Taboada ten que  facerse valer diante da Xunta para reclamar mellores dotacións e mais orzamentos para o Colexio nesta situación de crise”, advertiu.

Rigueira tamén anunciou que o Grupo Socialista defendeu outra moción, que tamén contou coa abstención do PP, coa que solicita a informatización da oficina de Correos de Taboada para convertela en oficina técnica con plena autonomía. Nesta proposta tamén solicita unha ampliación do horario de atención ao público e, sobre todo, incidir na necesidade de apertura da oficina a última hora da mañá; e instar ao Concello de Taboada a facer unha petición formar a Correos demandando a mellora do servizo.

O voceiro socialista afirma que “as veciñas e veciños de Taboada padecen unha perda de servizos continua, coa pasividade cómplice do PP e do Alcalde”. Por iso criticou “a apatía e a desidia que amosa o Alcalde e o equipo de goberno, resignándose a pelexar por garantir os servizos aos que os veciños e veciñas do Concello de Taboada aos que temos dereito”, dixo. 

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...