HomePolíticaDestinar o millón e medio de euros da ponte do malecón de...

Destinar o millón e medio de euros da ponte do malecón de Monforte a axudas para superar a crise

O PP de Monforte defenderá unha moción no próximo pleno para suspender a execución da infraestrutura anunciada polo alcalde e liberar así recursos para paliar os efectos da crise

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A portavoz do PP no Concello, Katy Varela, sinala: “As circunstancias que vivimos non teñen precedentes na nosa historia recente e menos no actual período democrático. Afrontamos unha pandemia, de ámbito mundial, que afecta ao desenvolvemento económico da nosa sociedade. Monforte de Lemos non escapa a esa nova realidade, e,  seguramente, as consecuencias económicas da crise sanitaria serán aínda máis intensas que noutros lugares. Nunha situación así, nunha cidade como é Monforte, que arrastra anos de decadencia económica e demográfica, é necesario activar todos os recursos dispoñibles para evitar estes efectos tan adversos”. 

Os populares entenden que non é momento de que o Concello afronte a construción dunha nova ponte sobre o Cabe, no malecón. Consideran que é unha obra innecesaria e queren que, o millón e medio de euros que, ao parecer, custaría esta nova infraestrutura se dediquen a dar apoio directo aos máis afectados pola crise provocada pola pandemia. Varela di: “Dende o grupo municipal do Partido Popular consideramos non apropiado ese gasto tan alto para a construción dunha infraestrutura que nestes intres non é necesaria na cidade; pensamos que si sería adecuado investilo nunha partida para axudas para paliar as consecuencias económicas da crise sanitaria”.

A realidade da pandemia, sinala o PP, impide a vida normal dos cidadáns, “afectando moitísimo á economía dos servizos, economía básica na nosa cidade. Por iso é necesario que se adopten medidas de cara o ano 2021 que cremos fundamentais para axudar ao cidadán”. Cita, entre outras,  unha baixada do IBI e do IVTM para todos os cidadáns, así como exencións fiscais para aqueles autónomos afectados directamente polas medidas restritivas durante todo o ano 2021. No PP propoñen igualmente establecer  axudas directas a aqueles negocios con risco de desaparición e a empregados de negocios afectados por ERTE.

ÚLTIMAS

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...