HomePolíticaOs socialistas demandan a Feijóo información transparente e criterios claros nos peches...

Os socialistas demandan a Feijóo información transparente e criterios claros nos peches perimetrais

O Grupo Socialista na Deputación de Lugo defenderá o vindeiro martes, no Pleno da Corporación, unha moción para que o Goberno de Feijóo impulse medidas efectivas para facer fronte á segunda vaga da COVID-19. Reclaman que deixe de aplicar criterios arbitrarios ao decidir que municipios asumen as medidas más restritivas, e que abra unha liña permanente de colaboración cos concellos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira do PSdeG na Deputación, Pilar García Porto, sinala a través desta iniciativa que as institucións lideradas polos socialistas “reiteramos o noso compromiso de colaboración leal na loita contra a pandemia, pero reclamamos a Feijóo que exerza o seu deber de coordinación e as competencias que lle son propias”.

Na moción rexistrada, o PSdeG demanda á Xunta “que faga xa un novo reparto de material preventivo ós concellos, como máscaras ou luvas, e que acompañe o envío de tests de antíxenos coa achega de persoal sanitario necesario para realizalos”. Solicita que “asuma o custo das tarefas de desinfección nas aulas e se cubran as necesidades de máscaras da comunidade educativa”. Tamén pide reforzar a loita contra a pandemia “coa contratación de médicos e persoal sanitario de reforzo, dun xeito especial no que respecta á atención primaria”.

García Porto denuncia que o Goberno de Feijóo “ignorou aos alcaldes e alcaldesa, e a día de hoxe segue sen escoitar as súas suxerencias, negándolles incluso información transparente. A pesares de que é a súa competencia, a Xunta non volveu facer novas entregas de material sanitario, nin ten respondido á demanda das entidades locais de que asuma o custo das tarefas de desinfección dos centros. Os socialistas piden tamén que se cambie o modelo de residencia “que xa se revelara fallido, de xestión privada, masificado, con déficit de persoal e atención sanitaria, e que, a pesar dos concertos coa Administración, actúa sen someterse ós controis periódicos necesarios para asegurar a atención e a dignidade dos maiores que residen nelas”.

ÚLTIMAS

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...