HomePolíticaVerquidos incontrolados en Chantada, mentres o concello non solicita subvencións para este...

Verquidos incontrolados en Chantada, mentres o concello non solicita subvencións para este fin

“O descontrol deste tipo de verquidos debería avergonzar ó goberno municipal, pero o feito de ter este grave problema e ó tempo deixar pasar financiamento para atallalo demostra o desgoberno absoluto que impera no Concello de Chantada”, declaran dende o PSdeG-PSOE de Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tal como publica o Diario Oficial de Galicia na súa edición deste luns, concedéronse subvencións ás entidades locais para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, ó abeiro dunha convocatoria da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, dotada cun orzamento total que supera os catro millons de euros.

O Concello de Chantada non solicitou esta axuda segundo informan desde o PSOE de Chantada. A xuizo do Grupo Socialista “deixar pasar as convocatorias de subvencións está a ser demasiado habitual por parte do goberno local, e tendo en conta ademáis as gravísimas necesidades que temos en Chantada en distintos ámbitos”.

Aseguran os socialistas que “Esta deixadez no ámbito da xestión de residuos contrasta coa proliferación de verquidos incontrolados no termo municipal. Deste xeito, na pasada sesión ordinaria do Pleno, o Grupo Municipal Socialista veu de denunciar a existencia dun verquido incontrolado nas proximidades do Santuario de Fátima. E esta pasada fin de semana foron testemuñas da existencia doutro nas proximidades do Polígono Industrial dos Acivros.

ÚLTIMAS

Courel Vivo denuncia ante o Valedor do Pobo a precaria situación médica do concello

Lembran que os días que non hai médico en Seoane, o centro médico máis...

Por Chantada esixe actuación municipal fronte aos proxectos de baterías Belesar I e II

Por Chantada – Interior Galego Vivo defenderá no Pleno ordinario do próximo 28 de...

“Risas con perspectiva feminista” en Sarria

O Concello de Taboada acollerá este domingo 24 de maio un espectáculo de humor titulado “Risas con...

O Centro de Interpretación da Música de Raíz da Seara, anfitrión do ‘Radiovisual do Patrimonio’

No marco do proxecto 'RadioVisual do Patrimonio', no que a escola sae ao encontro...