HomePolíticaOs socialistas de Taboada denuncian a inacción do goberno do PP

Os socialistas de Taboada denuncian a inacción do goberno do PP

O Voceiro do PSOE de Taboada, Roi Rigueira, critica a inacción, a parálise e a pasividade na que o Goberno do PP ten sumidas ao Concello de Taboada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aseguran desde o PSOE que os plenos do concello son trámites administrativos, pero non hai contido nin proxectos, “polo que estamos diante dun goberno sen rumbo claro e sen un proxecto definido para as veciñas e veciños de Taboada”, sinala Roi Rigueira.

O voceiro socialista remarca que o último pleno estivo protagonizado polas iniciativas e preguntas presentadas polo PSdeG-PSOE, co fin de mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza e de fiscalizar a labor do alcalde do PP e o seu equipo”. Nesa liña criticou “a falta de ambición, de traballo e de ilusión por parte do Goberno do PP de Taboada, xa que ten a obrigación de gobernar e de loitar para mellorar as condicións de vida de tódolos veciños e veciñas do noso concello”.

Aprobouse por unanimidade unha moción socialista para a prevención e eliminación dos niños de vespa velutina e a proposta do PSOE para sinalizar prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida. “Queremos que se cumpra a normativa, e que dende o Concello se facilite o desprazamento ás persoas con mobilidade reducida, por iso demandamos que se habiliten estas prazas en espazos de moito tránsito (como por exemplo o centro médico, farmacias, colexios, Concello ou entidades bancarias).”

E os obradoiros duais e o alumeado público?

Roi Rigueira interesouse no pleno polos problemas co alumeado público en varias aldeas (O Torrón, Cerdeda, Taboada dos Freires) e tamén nalgunhas rúas do casco urbano (Rúa das Insoas.) e sobre a retirada de vehículos abandonados.

Dende o PSdeG-PSOE interesáronse en porque o concello non se adheriu a ningún dos obradoiros duais que a Xunta de Galicia impulsou en máis de 40 concellos da provincia de Lugo, e que darían emprego no noso pobo e a posibilidade de arranxar deficiencias existentes. “Pero unha vez máis tivemos en fronte ao pasotismo do Alcalde, seguimos sen facer nada”.

Interpelaron ao Goberno Local para coñecer como se atopaba a redacción da ordenanza que regule o uso e aproveitamento especial de vías públicas e de espazos de titularidade municipal, cuestión en trámite; e denunciaron os traballos feitos nunha propiedade privada en Sobrecedo por parte de traballadores e maquinaria pública municipal.

ÚLTIMAS

“Cando a propia persoa ou grupo afrontan con éxito a dificultade da súa problemática”, unha das satisfaccións dos Servizos Sociais de Pantón

Para comezar, como defenderiades o rol da educación social dentro do Concello de Pantón....

Caurel Vivo volve a propoñer destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Caurel Vivo asegura que o concello se enfronta a importantes retos demográficos, sociais e...

O PP de Monforte prepárase para “lograr un cambio de Goberno” nas elección xerais

Os afiliados do PP de Monforte de Lemos mantiveron esta semana unha reunión de...

Patricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

A nova voceira nacionalista é veciña de Vilaesteva e profesora de Lingua Galega de...