HomeMedio ambiente e PatrimonioÁ terceira vai a vencida

Á terceira vai a vencida

Saen a licitación as obras de mellora da depuradora do PI de Monforte co obxectivo de cumprir cos límites de vertido esixidos por normativa

Publicado o

- Advertisement -

A depuradora do PI do Reboredo en Monforte contruiuse na década dos 80 e hoxe non ten capacidade suficiente para garantir o cumprimento dos límites de vertido que establece a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. A actividade industrial no polígono non é a mesma na actualidade que nos 80 e obriga a tomar medidas para solucionar a carga contaminante que soporta a instalación e aumentar a súa capacidade. Coas obras que saen a licitación dotarase á instalación dun novo tratamento de aireación con fangos activos e aumentarase a capacidade nun 50%.

As actuacións, que deberían estar adxudicadas o 27 de agosto e rematadas a mediados de outubro, teñen un orzamento de 148.000 € e fináncianse con aportación municipal e axuda da Consellería de Industria.

O equipo de goberno de Monforte asegura que o saneamento é unha das súas prioridades, por iso, neste mandato instaláronse estacións de bombeo que suprimiron puntos de vertido ao Cabe e construiuse a depuradora do Porto Seco. A obra do Polígono Industrial do Reboredo sempre estivo na axenda do equipo de goberno, segundo apunta o alcalde, José Tomé, “e neste terceiro intento por sacala a adiante por fin se cumple o obxectivo”.

ÚLTIMAS

Un kiosko municipal no Malecón de Monforte para dar continuidade ao bar Anchoas

Segundo os nacionalistas o Bar Anchoas é moito máis ca un simple establecemento, "forma...

Avanzan as colaboracións para o mantemento do matadoiro municipal de Sarria

A conselleira María José Gómez, reuniuse este xoves na sede da Delegación da Xunta...

Atopan un ciclista falecido en Monforte

Un ciclista ao que buscaban desde este xoves apareceu falecido nunha pista forestal do...

Novo material terapéutico e técnico para mellorar os servizos da asociación asistencial Agora

A Asociación AGORA, de Persoas con Discapacidade da Comarca de Lemos, vén de incorporar...