HomePolíticaO arranxo da rúa Diego Pazos de Sarria chega ao Parlamento

O arranxo da rúa Diego Pazos de Sarria chega ao Parlamento

A Comisión 2ª de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos do Parlamento de Galicia debaterá o vindeiro martes 16 de febreiro, a partir das 10:30 horas, a moción socialista que reclama ao Goberno de Feijóo “que asuma a súa responsabilidade e arranxe de xeito urxente a rúa Diego Pazos en Sarria”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Así o avanzou a Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero, quen visitou esta estrada, acompañada dos responsables do PSOE en Sarria, José Luis Noceda e José Manuel López Torre. Otero lembrou que este vial de titularidade autonómica, transcorre entre os cruces de A Avenida e A Ciguñeira, “e tal e como podemos comprobar atopase nun estado lamentable, o que provoca novamente as queixas veciñais dos seus usuarios e dos comerciantes da vila”.

A Voceira de Infraestruturas afirma que o Goberno de Feijóo “ten que velar e protexer os intereses dos veciños e veciñas, así como dos seus comerciantes, máxime neste momento nos que estes últimos o están a pasar francamente mal pola pandemia da covid-19 e a conseguinte crise económica que está a xerar”.

A Deputada denuncia que o PP “ten abandonado esta estrada autonómica, xa que non executa o seu acondicionamento, pero o que é máis grave, tampouco concede o permiso correspondente ao Concello para arranxalo”. Por iso é necesario puntualizar “que os traballos de mellora propostos polo Concello de Sarria xa foron rexeitados en varias ocasións por parte do Goberno de Feijóo”.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...