HomePolíticaPor Chantada demanda a PP e PSOE que traballen pola veciñanza e...

Por Chantada demanda a PP e PSOE que traballen pola veciñanza e acaben cos enfrontamentos entre eles

Desde Por Chantada manifestan a súa incredulidade e indignación perante o cruce de acusacións nos medios entre o PP e o PSOE sobre o "lamentable" estado das estradas en toda a comarca de Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O estado das estradas en Chantada, Carballedo e Taboada é un perigo para os vehículos e a seguridade viaria, segundo Por Chantada CUP, “Mentres as institucións, supeditadas aos xoguiños partidarios e non aos cidadáns, cruzan acusacións sobre o tema. Existen fochancas moi grandes que son un verdadeiro perigo e máis dos días de choiva e tramos totalmente impracticables, como a LU-P-1807 entre Asper e Eiriz.”

Segundo Por Chantada estes xogos entre institucións, concellos e deputación, poñen en risco a seguridade das persoas e “seguen co cruce de acusacións no canto de colaborar polo ben da xente á que deberían servir.” Tónica habitual nesta pandemia aseguran, que “só se explica nun país onde a cultura democrática rarea nos aparatos partidarios, que contan ter apoio nas urnas fagan o que fagan, aínda que sexa do máis baixo e inmoral; ou que pensan que os votos son patrimonio seu, cose di famiglia.”

Estrada municipal Quinteliña co Alto de Ramos pasando por Faluche e A Cuqueira / Por Chantada

Desde o colectivo cidadán Por un Interior Galego Vivo, veñen demandando que o rural do interior precisa un plano integral de inversións coordinadas entre institucións para deter a devacle demográfica, xerar valor engadido e postos de traballo no sector primario e permitir o futuro da mocidade na nosa Terra, afondar nun modelo alternativo para os coidados centrado no benestar, no rural e nunha infraestruturas dignas que non poñan en perigo os bens e a propria saúde das persoas.”

Por Chantada asegura que se PP e PSOE só lle poden ofrece ao interior galego este tipo de espectáculos, “mellor que se vaian, que se vaian todos.”

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...