InicioPolíticaO PP de Monforte cre que os servizos turísticos municipais débeos xestionar...

O PP de Monforte cre que os servizos turísticos municipais débeos xestionar o concello

Os populares consideran que o turismo pode ser o motor económico de Monforte e cren que debería de haber unha xestión directa por parte do Concello, "polo menos da Oficina de Turismo, que debería depender directamente del, de maneira que sexa un motor da industria turística na cidade”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello acaba de sacar a concurso a xestión do Centro do Viño, da Oficina de Atención ao Peregrino, da Oficina de Turismo e as visitas á Torre da Homenaxe. O importe de licitación é de 245.000 euros, por un prazo de dous anos

“O modo de xestionar do goberno municipal presidido por José Tomé está baseado na máxima de descargarse responsabilidades no día a día. Só así se pode entender o intento de adxudicar nun só lote a atención a varios servizos turísticos, cun prego de condicións no que queda claro que, realmente, o equipo do socialista Tomé non ten claro en absoluto que o turismo pode ser un dos grandes recursos económicos de Monforte.” Así o entende o grupo municipal do PP, cuxa portavoz, Katy Varela, di que inicialmente a atención aos servizos turísticos que se pretenden externalizar debería asumila directamente o Concello.

Os populares queren que o alcalde sexa máis claro co que quere potenciar na Oficina do Peregrino e cren que a Torre da Homenaxe se debe de xestionar como algo que forma parte do patrimonio histórico e cultural de Monforte e non como algo illado.

Varela tamén cuestiona o aspecto económico da licitación. “Parécenos que é un orzamento moi escaso; máis aínda tendo en conta que o 50% da valoración das propostas que se presenten será a oferta económica. Estamos a regatear cos servizos turísticos. Do mesmo xeito que o alcalde é capaz de investir 1,5 millóns na ponte nova ou o millón na reurbanización dunha zona da cidade, cremos que debe tomarse máis en serio aos servizos turísticos como motor da economía de Monforte”.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...