
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou este xoves que parte dos fondos Next Generation da UE para a recuperación económica se destinan a municipios de menos de 5.000 habitantes, e recalcou que esas axudas supoñen unha “oportunidade histórica” para revitalizar o rural de Galicia.
Así o trasladou durante unha visita realizada ao concello de Ribas de Sil, na que lembrou que, tras 12 anos de goberno de Feijóo, nos que “falar da Galicia rural foi falar de abandono e esquecemento”, é necesario reverter ese “déficit de políticas” destinadas ao medio rural.
Caballero subliñou que a recuperación económica “só chegará a todo o territorio” se se pon o foco en “axudar aos concellos pequenos e aos galegos e galegas que viven en lugares onde falta poboación”. Nese sentido, reclamou unha “folla de ruta comprometida coa xeración de emprego e servizos públicos en pé de igualdade entre os galegos do rural, respecto da Galicia urbana”.
Por iso, fixo un chamamento a “aproveitar” eses fondos de recuperación para reforzar o emprendimento, mellorar os servizos públicos e conectar dixitalmente todo o territorio, así como para apontoar actividades relacionadas co turismo e a cultura. “Non podemos desaproveitar unha oportunidade histórica como os fondos Next Generation”, sinalou o líder dos socialistas galegos, á vez que reclamou “políticas expansivas” e unha “aposta decisiva para reverter a Galicia baleirada”, fronte a “discrusos xenéricos carentes de compromiso”.
Tras a súa visita a Ribas de Sil, acompañado polo alcalde socialista Miguel Sotuela, Gonzalo Caballero visitou tamén outros municipios da comarca, como Quiroga, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón e Bóveda.
As promesas as leva o vento… Lembramos aínda a legalización da louseira A Campa en Folgoso do Courel gracias á man invisible de Pachi Vázquez (daquela Conselleiro de Medio Ambiente do Bipartito) / Claro que temos un Proxecto de Recuperación que ninguén quixo siquera estudar e que aínda hoxe segue no caixón da Conselleira de Vivenda sen resposta algunha ! Ao final todos son a mesma porquería !
Un proxecto que podería cambiar moitas cousas no rural galego (se quixeramos levalo adiante)
https://i.gal/gam25