HomePolíticaMáis mobilidade urbana e no transporte público, reclama o PSOE de Chantada

Máis mobilidade urbana e no transporte público, reclama o PSOE de Chantada

Na moción que se tratará no próximo pleno ordinario tamén solicitan reparacións e melloras no paseo fluvial. E reclaman melloras nas liñas de autobús e atallar o "caos do tráfico rodado" na vila do Asma.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O grupo municipal socialista no Concello de Chantada presenta para o seu tratamento no Pleno Muncipal una iniciativa cunha serie de propostas referidas á mobilidade urbana e o transporte público. “A pandemia mundial da COVID-19 mostrounos a importancia de desfrutar duns espazos públicos abertos e de zonas de esparcemento, primando ás persoas sobre os vehículos privados”, sinalan dende a agrupación chantadina.

Para conseguir este obxectivo propoñen a creación dunha senda peonil e ciclista na LU- 533, na saída de Chantada cara Monforte. Esta ruta segue a ser moi utilizada pola veciñanza sobre todo no inverno e por moitos ciclistas que se achegan por esta vía á contorna do río Miño. Tamén como segundo punto engaden a ampliación do paseo fluvial ata a zona do mercado gandeiro e en terceiro lugar a realización de obras de mantemento do actual paseo. Para estas dúas ampliacións propoñen realizar as xestións necesarias ante os organismos con competencia na materia: a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

Por otra banda tamén se fan eco na súa iniciativa dos problemas que se están a producir no transporte público de viaxeiros por estrada. “Primeiro cunha modificación unilateral e sen diálogo do mapa de liñas de autobús da Xunta de Galicia e agora nos últimos tempos cunha baixada das frecuencias, aparentemente motivadas pola COVID-19, pero que permanecen sen recuperar, Chantada perdeu servizos que son moi necesarios para os nosos veciños e veciñas”, afirma o Grupo Socialista no Concello de Chantada. Por iso reclaman a recuperación das frecuencias suprimidas e a, nomeadamente nos itinerarios a Lugo, Ourense, Monforte de Lemos e Santiago, asi como retomar a ruta directa a Vigo.

Finalmente poñen de relevo a necesidade de poñer freo ó “caos do tráfico rodado na vila de Chantada.” Para iso piden tanto a realización dun estudo de mobilidade que achegue medidas efectivas como a aprobación dunha Ordenanza Municipal de Circulación que atalle a “anarquía circulatoria que se vive diariamente en Chantada”.

ÚLTIMAS

“Salvamos o Malecón” solicita a revisión de oficio da autorización de Patrimonio no proxecto da nova ponte en Monforte

A plataforma presentaba a mediados desta semana ante a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural...

A Deputación mellora estradas provinciais en Chantada cun investimento de 1M€

A mandataria provincial comprobou o estado da LU-P-1801 que une a localidade cos Peares,...

Éxito de público no Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte que rematou con entrega de premios o día 27

A Concelleira de Cultura do Concello de Monforte, Marina Doutón, entregou o día 27...