HomePolíticaO BNG de Monforte bota en falta a oferta de solo industrial

O BNG de Monforte bota en falta a oferta de solo industrial

O BNG de Monforte pide no pleno deste luns, 26 de abril, o arranxo da estrada de Reigada e información para ofertar solo no polígono industrial do Reboredo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG de Monforte solicita no pleno deste luns o arranxo da estrada de Reigada ás Fontes ao considerar fundamental ter seguridade no vial, “o que esixe que estea en boas condicións”, sinalan os nacionalistas.

O BNG amosa tamén a súa preocupación pola falta de oferta de solo industrial. Segundo Emilio Sánchez, voceiro nacionalista en Monforte “xa ten feito marchar de Monforte iniciativas empresariais que precisamos porque crean riqueza e emprego e axudan a fixar poboación.” Así preguntarán no pleno cales son os plans do concello ao respecto das parcelas de propiedade municipal que se localizan neste polígono.

O BNg tamén presenta unha moción sobre a realización de rozas para a prevención de incendios.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...