HomePolíticaJulio Álvarez renuncia á dedicación exclusiva

Julio Álvarez renuncia á dedicación exclusiva

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, leva ao pleno deste venres a renuncia á retribución pola súa dedicación exclusiva por motivos persoais. O rexedor local renuncia aos 42.000 € brutos que ten asignados anualmente e o equipo de goberno propón que se repartan entre todos os concelleiros, incluídos os da oposición.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A renuncia de Julio Álvarez podería supoñer o reparto de 300 € brutos pola asistencia a cada unha das comisións ou sesións plenarias, limitados a dúas asistencias ao mes, agás no caso do rexedor local que percibiría asistencia por acudir ás comisións e aos plenos que se celebren. PSOE e BNG manifestáronse en contra da subida de asignacións e a renuncia queda pendiente das votacións no pleno do venres.

A comisión tamén aprobou o regulamento para a utilización do futuro Cemiterio Civil Municipal. Outro punto aprobado para levar é dar conta do convenio asinado con Vicepresidencia  e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo  para axudar aos autónomos e pequenas empresas que tiveron que pechar  o seu negocio con motivo das medidas sanitarias.

Coa firma deste convenio, estes empresarios locais recibirán unha axuda e 1.000€ que complementará as axudas que perciban da Xunta de Galicia e que forman parte do  I Plan de Axudas do Concello de Quiroga polo que autónomos e empresarios  quedaron libres do pago do recibo da auga e lixo do primeiro trimestre do 2021.

ÚLTIMAS

Este 18 de agosto desde as 20:30 celébrase no Pavillón Municipal de Chantada o I Torneo de Fútbol Sala Terras do Asma

O Torneo que se disputará este martes, 18 de agosto desde as 20:30h no...

Quiroga mellora o local social cunha axuda do Leader

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, destinou 13.400 euros...

Entrega de trofeos do Torneo de Golf Concello de Monforte

O Club Deportivo Río Cabe Golf foi o encargado de organizar este evento, que...

Festas en Santa Cruz de Brosmos e concerto de Carlos Núñez no Pazo de Sober

Os días 22 e 23 de agosto, a parroquia soberina de Santa Cruz de...