HomePolíticaOs socialistas de Quiroga queren investir a dedicación exclusiva do alcalde en...

Os socialistas de Quiroga queren investir a dedicación exclusiva do alcalde en melloras para o concello

Vicente Parra emprazou ao rexedor a investir este soldo en melloras para o Concello. “Estamos nun momento moi complicado e temos a obriga de axudar ás familias, aos pequenos negocios, aos autónomos non podemos deixalos de lado. Polo tanto non estamos a favor de que esta asignación económica se reparta entre os membros da corporación municipal tal e como anunciou o Alcalde”, remarcou o Voceiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Agrupación Socialista de Quiroga apoiou na pasada sesión plenaria “a proposta presentada polo Goberno local da renuncia do salario do Alcalde, xa que desfrutaba dunha dedicación exclusiva con cargo ás arcas municipais de 42.000 euros”. Hai que lembrar que o rexedor volve agora a cobrar o seu soldo de ATS, e a incompatibilidade co soldo actual do Concello, fai que só poida percibir un salario.

“Entendemos que nestes intres, non están os tempos para subir unha asignación económica por asistencia a plenos e comisións en máis dun 300%. Pero que tras escoitar as nosas criticas na sesión plenaria, o Alcalde recuou e deixouno en 150 euros, unha cifra que nos segue parecendo desorbitada”, insistiu Vicente Parra.

Coas cifras na man, e tras comprobar os datos anunciados polo propio rexedor, os socialistas aseguran que as contas non saen. “Actualmente os concelleiros da oposición, PSG e BNG, asisten a un pleno cada 2 meses (6 anuais), ademais dunha comisión ao mes (unha por grupo), por tanto 18 plenos e 24 comisións ao ano. E mentres os concelleiros do Goberno do PP poden asistir ata a un máximo de 2 comisións ao mes, multiplicada por 8 son 16 mensuais, polo que respecta ao Alcalde non ten límite”. 

Así as cousas facendo números “os concelleiros do goberno recibirán arredor de 36.000 euros (máis os que cobre o Alcalde, que non ten límite). A oposición sobre a 6.000 euros. Polo tanto aquí dan as contas dos 42.000 euros. Pero insistimos, este soldo ten que reverter na veciñanza de Quiroga”, resumiu.

ÚLTIMAS

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...