InicioPolíticaA venda de parcelas do Polígono de Taboada e o remate das...

A venda de parcelas do Polígono de Taboada e o remate das súas obras chegan ao Parlamento

A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero, xunto ao Voceiro do PSOE de Taboada, Roi Rigueira rexistran unha batería de iniciativas parlamentarias, “para reclamar ao Goberno de Feijóo sacar a concurso na maior brevidade, tódalas parcelas posibles do polígono industrial de Taboada, así como realizar todas as actuacións necesarias para rematar este polígono”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Patricia Otero advirte que “a nova fase do polígono industrial de Taboada, xestionada pola Sociedade Pública Xestur dependente do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) leva anos de retraso co conseguinte risco de que empresas interesadas en asentarse neste polígono decidan finalmente desistir da súa intención e instalarse noutros polígonos industriais”.

Aseguran os socialistas que “existen empresas interesadas en instalar a súa actividade neste polígono, que xerarían novos postos de traballo, tan necesarios nestes intres que estamos a vivir nun momento de crise económica derivada da pandemia da Covid-19, non podendo tampouco pasar por alto que  serviría para fixar poboación neste concello”.

Patricia Otero tamén quere coñecer as previsións do Goberno de Feijóo sobre as futuras actuacións neste entorno, “que obras ten pensado realizar a Xunta no 2021 no polígono industrial de Taboada?. Cando vai sacar a concurso as parcelas dispoñibles, así como cales son os motivos do retraso na saída a concurso das parcelas, e cando se executarán  as obras para finalizar o Polígono”. E por último tamén quere saber si a Xunta “vai ter en conta as recomendacións de ACIMTA, así como das demais empresas interesadas en asentarse neste parque de cara a adecuar o polígono industrial ás necesidades actuais do polígono industrial de Taboada”.

Consenso con ACIMTA

Pola súa banda o voceiro do PSOE en Taboada, Roi Rigueira, lembrou que na  última sesión plenaria xa fixo referencia a situación do abandono do parque empresarial. “Por iso mantivemos unha xuntanza de traballo con  ACIMTA (Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada), na que tamén participou a nosa Secretaria Provincial e Deputada, Patricia Otero, e que agora materializase a través destas iniciativas parlamentarias, xa que que foi consensuada coa propiedade entidade, co fin de desbloquear un dos proxectos máis importantes do noso Concello como é o polígono industrial”, dixo.

“Non podemos esperar nin un minuto máis pola creación de emprego no noso Concello, por iso temos que conseguir poñer este parque empresarial en marcha si queremos que a mocidade se asente e traballe no rural, non podemos darlle ás costas, e este polígono industrial ten que ser unha realidade xa”, resumiu Rigueira.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....