HomePolíticaCastiñeira: "A área recreativa de Augas Mestas mantense pechada porque á Deputación...

Castiñeira: “A área recreativa de Augas Mestas mantense pechada porque á Deputación non lle interesa que Quiroga funcione”

O Partido Popular ve intencionalidade política en manter fóra de uso estas instalacións, porque o Concello de Quiroga está gobernado “dende hai moitos anos polo PP, e ao goberno da Deputación non lle interesa que funcione, porque son sectarios”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP leva tempo amosando a súa preocupación ante a paralización desta área recreativa e consideran que debería de ter estado operativa para afrontar este ano Xacobeo. O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, sinala á vista da situación: “Esperemos que a señora Pilar García Porto, delegada de Turismo da Deputación de Lugo, non fora a FITUR a falar da área fluvial de Augas Mestas, porque a coincidencia deste desprazamento coas súas desculpas por mantela pechada, nestes días nos que a provincia de Lugo se promociona en FITUR, é ofensiva.”

Castiñeira apunta unha clara intencionalidade do goberno provincial: “Quiroga é un concello gobernado dende hai moitos anos polo Partido Popular e ao goberno da Deputación non lle interesa que ese concello  funcione; nós o que pedimos para este concello e para todos os da provincia é que a Deputación axude a que funcionen; os señores do goberno provincial non queren isto porque son sectarios, como o vimos demostrando dende hai moito tempo”.

Os populares cren que é impresentable que García Porto bote agora a culpa á concesionaria, á empresa coa que non se chegou a ningún acordo. Destacan que o goberno provincial “foi incapaz  de negociar co resto das administracións, ás que agora queren pasar a pelota”. 

Castiñeira sinala: “É unha verdadeira vergonza  de xestión da señora García Porto; está moi ben ir a FITUR, pero hai que pasarse o día a día pola provincia, e o día a día son esas instalacións provinciais abandonados que vimos denunciando dende o grupo provincial do PP”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...