HomePolíticaCaballero ante o informe negativo da candidatura da Ribeira Sacra: "Un fracaso...

Caballero ante o informe negativo da candidatura da Ribeira Sacra: “Un fracaso colectivo do que aprender”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou á Xunta a explicar o "fracaso" da candidatura a patrimonio da humanidade da Ribeira Sacra e chama a "aprender dos erros" para acertar coas outras opcións de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O xefe de filas dos socialistas galegos visitou a Ribeira Sacra tras coñecerse o informe negativo do comité avaliador da Unesco sobre a candidatura deste enclave a Patrimonio da Humanidade.

Desde alí, o máximo dirixente dos socialistas de Galicia puxo en valor “unha marabilla cultural e paisaxística” e urxiu explicacións ao Goberno galego sobre “un fracaso colectivo” do que se debe “aprender”.

“O conselleiro de Cultura ten que comparecer en sede parlamentaria para facer balance e explicar por que fracaso esta candidatura”, reclamou Gonzalo Caballero, tras coñecer que o informe técnico presenta “evidencias” e “debilidades” na argumentación cando aborda a “relixiosidade” e as “cuestións culturais” nas que se baseou a exposición de motivos que fixo o executivo autonómico para optar á lista de Patrimonio da Unesco.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...