HomePolíticaO día 18 preséntase en Pantón o proxecto do Centro de Maiores

O día 18 preséntase en Pantón o proxecto do Centro de Maiores

A Agrupación Socialista de Pantón convida á veciñanza a participar na presentación do proxecto de construción do centro de atención aos maiores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A presentación realizarase este venres día 18, a partir das 6 da tarde, na aula da cultura do Concello (no Edificio Multiusos). Para a construción desta nova dotación asistencial a Deputación de Lugo asinou un protocolo co Concello.

A Agrupación Socialista de Pantón agradece o traballo e o esforzo da Deputación que preside Tomé Roca “nun proxecto que é de vital importancia para o futuro da vila, e que ademais da resposta á unha vella demanda da veciñanza como é a construción deste centro de maiores no noso Concello. Os nosos maiores merecen un futuro digno, e entre todos temos que loitar para que poidan vivir aquí, en Pantón, rodeados dos seus veciños e familiares”.

Por último remarcan que este acto celebrarase con tódalas medidas de seguridade que indican as autoridades por mor da COVID, máscaras, distancia de seguridade e tódolos protocolos sanitarios que marque a propia organización nesta presentación. 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...