HomePolíticaSen declaración de zona catastrófica para San Fiz por un "alcalde catastrófico",...

Sen declaración de zona catastrófica para San Fiz por un “alcalde catastrófico”, asegura Por Chantada

Desde Por Chantada aseguran que o pleno do 15 de xullo de 2021 foi "un dos episodios máis bochornosos e surrealistas da historia local, pois o alcalde catastrófico convocou o pleno sen xustificar a urxencia e sen nengunha proposta de acordo. Chegou e leu "de viva voz" algo que "preparei pola mañá" en canto non permitiu que se votasen nen lesen as propostas que rexistrou, en tempo e forma Por Chantada."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo Por Chantada, a proposta do PP foi elaborada desde Santiago e aínda hoxe non se transmitiu por escrito aos grupos municipais nin aos afectados. “Un alcalde catastrófico é aquel que pon por riba o seu partido (PP) da viciñanza, pois mentres as súas “demandas” non obriga a nada á Xunta nin lle pide axudas directas, bota todas as demandas sobre o Goberno central agás a declaración de “zona catastrófica” que correspondería á Corporación. O clásico tenis político que deixa sen solucionar os problemas das persoas damnificadas,” afirman desde Por Chantada.

Por Chantada considera vergoñento que, nun suceso desta magnitude e transcorrido máis dun mes, non se emitise un comunicado oficial por parte do Concello de Chantada. Por Chantada asegura que as perdas en uva polo pedrizo de San Fiz, ascenden a máis dun millón de quilos, ao que se suman as de rianxo e froiteiras, muras e infraestruturas, castaña… Aseguran que as axudas deberían situarse sobre 2.5 millóns de euros e a liña directa de axudas, polo menos, no millón de euros.

Por Chantada explicou a lexislación actual para poder solicitar a zona catastrófica, “Antom Fente leu a proposta  de declaración institucional do grupo municipal Por Chantada, mais o alcalde xa non lle deixou ler as propostas de actuación concretas que solicitabamos, cortando o debate e obrigando a votar e non deixando que se votasen as nosas emendas. Xa rexistramos unha moción que recolle as demandas formuladas polo noso grupo e que será unha das tres mocións do noso grupo que se debaterá no pleno ordinario do vindeiro día 29 de xullo.”

Insisten en que Manuel Lorenzo Varela e o seu goberno levan un mes sen xestionar nin acordar nada, “Non sabemos se atinxiremos a declaración de zona catastrófica mais si que trafegamos e pomos en limpo que temos un alcalde catastrófico.”

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...