HomePolíticaOs socialistas de Chantada acusan ao alcalde de castigar as aldeas do...

Os socialistas de Chantada acusan ao alcalde de castigar as aldeas do concello

Raquel López destaca que o “rural de Chantada queda unha vez máis esquecido por Manuel Lorenzo Varela e o seu grupo”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pleno do concello de Chantada volve a tratar a modificación da ordenanza sobre o imposto de construcións, proposta á que os socialistas xa presentaran alegacións. No pleno de xullo, o PP retoma a  modificación desta ordenanza, pero sen ter en conta algunha das condicións “prioritarias” que propoñían dende o principal grupo da oposición, como manter as bonificacións do 95% nas construcións que se leven a cabo no Polígono dos Acivros. 

A portavoz do PSOE explica que o Concello “non vai bonificar a ese 95% as construcións gandeiras, e tampouco axudará nas rehabilitación de vivendas, unha reivindicación que levamos esixindo dende o partido socialista dende hai moito tempo”, aclaran dende o grupo socialista. Un abandono do rural que “tamén se escenifica na falta de redes de saneamento, traídas de auga e adecentamento dos viais, tal e como nos contan habitualmente veciños e veciñas como os de San Fiz e, por desgraza, de case todas as aldeas”, lamenta Raquel López.

Ademais, no mesmo pleno, o PSOE chantadino presentou tamén a xeito de rogo, a situación de varias zonas do Concello que considera totalmente abandonadas; como a falta de limpeza do Miradoiro de San Fiz, “Son imaxes de abandono en Chantada que reflicten o abandono do PP ó Concello que gobernan”, conclúen dende o grupo socialista.

ÚLTIMAS

O 7 de novembro entréganse os premios do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 12 anos de traxectoria impulsando...

Apróbase coa abstención do PP a moción de Espertamonforte para reclamar á Xunta unha escola da Galiña Azul

Na exposición de motivos, Esperta explicaba que Monforte, segunda cidade da provincia de Lugo,...

Últimas proxeccións da curta ‘Descensos’ no IES Daviña Rey de Monforte e Lamas das Quendas de Chantada

A curta "Descensos", que une documental e ficción, conta a historia de dous descensos...