HomePolíticaDías sen cobertura no Courel chega á Valedora do Pobo

Días sen cobertura no Courel chega á Valedora do Pobo

Segundo C@urel Vivo, o problema das comunicacións no Courel é constante.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Valedora do Pobo admite a trámite a queixa presentada por C@urel Vivo pola falta de cobertura e fallos constantes dalgúns repetidores móbiles no Courel.

“Desde C@urel vimos vimos de enviarlle unha listaxe completa de 26 afectados, e seguiremos a recoller afectados, noutras aldeas, para tentar que a compañía titular dos repetidores (Movistar), lle dea solución a fallos e cortes diarios e reiterados en chamadas de fixos e móbiles, así como tamén do servizo de internet,” asegura Óscar Carrete, voceiro de C@urel Vivo.

Segundo esta formación política, o problema das comunicación no Courel é constante, “durante este verán ABANCA tivo ós clientes sen poder operar no caixeiro durante moitos días, xa que veñen reparar e ó día seguinte volve a non funcionar.”

ÚLTIMAS

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...