HomePolíticaGonzález Formoso chama á participación da militancia para as Primarias nun acto...

González Formoso chama á participación da militancia para as Primarias nun acto en Chantada

O candidato á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, desprazouse este xoves ata o sur da provincia de Lugo para manter encontros coa militancia das agrupacións de Monterroso e Chantada, onde chamou “á participación da militancia nas Primarias do 30 de outubro para facer un PSdeG máis forte que poida ser a alternativa en Galicia”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Coa participación da militancia como un dos grandes obxectivos e piares principais do seu modelo de partido, Formoso avogou por “recuperar a ilusión” e incidiu en que “é posible construír un proxecto alternativo á dereita en Galicia, porque Galicia non ten cor política, é de quen a entenda e de quen a atenda”.

González Formoso anunciou que realizará “unha campaña de ideas e propostas, en positivo, e sen confrontacións persoais xa que todos somos militantes, todos somos socialistas” e valorou o proceso de Primarias, “do que se dotou o Partido hai anos, que dá voz e poder de decisión á militancia e que é unha ferramenta democrática que debe servir para contrastar propostas e modelos de partido pero sempre desde o respecto entre compañeiros”. “Cando nos respectamos dentro, tamén nos respectan fóra e así gañamos a confianza da cidadanía”, engadiu.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...