HomePolíticaAcordo unánime no Parlamento a instancia do BNG para delimitar o Camiño...

Acordo unánime no Parlamento a instancia do BNG para delimitar o Camiño de Inverno

O BNG acada un acordo unánime, a través dunha proposición non de lei defendida pola deputada nacionalista, María Albert para delimitar o Camiño de Inverno.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A proposta do BNG que inclúe unha emenda de engádea do Partido popular, insta á Xunta, “incoar o procedemento de delimitación do trazado do Camiño de Inverno en virtude do artigo 76 da Lei 5/2016 do 4 de maio, de Patrimonio Cultural de Galicia, dando prioridade ás rutas principais que foron recoñecidas previamente”.

Asemade, o Goberno galego debe “promover a modificación do Plan Básico Autonómico corrixindo o trazado do Camiño de Inverno aló onde xurdan discordancias co trazado entre o trazado inicialmente previsto e o definido na delimitación definitiva do mesmo.”

Na súa intervención, a deputada do BNG lembrou que a delimitación do Camiño de Inverno está a supoñer  “problemas entre concellos” e mesmo se están a dar casos como a apertura dunha pista por fincas privadas no Concello de Vilamartín de Valdeorras, a instancias do alcalde da Rúa e sen permiso nin coñecemento do propio concello afectado

Por outra parte, indicou que a non delimitación do Camiño de Inverno está a frear o desenvolvemento económico das comarcas polas que transcorre. “Hai unha evidente parálise no investimento ante o temor da xente emprendedora a facer investimentos nun trazado que pode ser modificado con posterioridade”.

Neste sentido, afirmou que “o Camiño de Inverno é unha posibilidade para comarcas como Valdeorras” e preguntou si ademais da propaganda do Xacobeo a Xunta ten algún “interese real” polos diversos camiños. Os camiños, recalcou “deféndense con feitos e con orzamentos”.

María Albert criticou a sinalización do camiño e puxo como exemplo os que figuran no concello da Rúa “mirando para Madrid” en vez de orientar aos e ás camiñantes cara Santiago de Compostela.

A deputada mostrou a súa satisfacción polo apoio dos grupos parlamentarios á proposta nacionalista e subliñou que dende o BNG “permaneceremos atentos a que o acordo se cumpra” porque a día de hoxe, non hai ningún expediente incoado.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...