HomePolítica‘As políticas demográficas son urxentes para o desenvolvemento socioeconómico das nosas comarcas’,...

‘As políticas demográficas son urxentes para o desenvolvemento socioeconómico das nosas comarcas’, aseguran desde o BNG Lugo-Sul

O BNG Lugo-Sul celebra a Asemblea Comarcal e afirma que introduce nas teses políticas do BNG cuestións importantes para as Comarcas do Sur de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG de Lugo-Sul celebrou unha Asemblea Comarcal na que se levou a cabo o debate sobre as teses que o Consello Nacional aprobou semanas antes e no que se trataron achegas de interese para o sur de Lugo e as peculiaridades dos seus concellos.

Se ben, como resalta a responsable comarcal “a visión e as problemáticas nosas xa estaban incluídas nas teses onde se introduce por vez primeira unha visión da demografía que ten en conta a tendencia decrecente de poboación no noso territorio. Estás medidas teñen que que ir unidas a políticas activas de desenvolvemento socioeconómico que fagan das oportunidades o polo de atracción de poboación e manteñan a que temos.”

De non ser así desde o BNG consideran que seguirán perdéndose servizos públicos e anulando oportunidades por iso apostan por unir á sociedade co territorio. Esta formación política celebrará a súa Asemblea Nacional o 7 de novembro na Coruña e cuxas teses recibiron o apoio unánime da Asemblea Comarcal de Lugo Sul.

ÚLTIMAS

Monforte fará unha poda de rebaixe nos magnolios dun tramo da rúa Cardeal

A brigada de Parques e Xardíns da Concellaría de Medio Ambiente realizará nos vindeiros...

Esperta Monforte apoia a solicitude de nulidade da votación da moción nacionalista do pleno do 29 de decembro

Esperta Monforte asegura compartir os argumentos expostos polo BNG para reclamar a invalidez do...

Máis de mil persoas manifestáronse en Santiago de Compostela pola “paz e soberanía” de Venezuela

A concentración, convocada pola Asociación Galego-bolivariana Hugo Chávez (Agabo), foi secundada por sindicatos, asociacións...