HomePolítica“Tomé segue sen saber que tipo de cidade quere para o futuro”,...

“Tomé segue sen saber que tipo de cidade quere para o futuro”, asegura Katy Varela

O Grupo Municipal Popular monfortino aposta por desenvolver un concurso de proxectos para embelecer os barrios da cidade e posteriormente, co premio, levar a cabo un plan de embelecemento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A popular foi crítica co goberno local porque a modificación da ordenanza reguladora de fachadas, elementos construtivos e solares afecta só a un par de artigos relativos á inspección técnica de edificios colectivos e á colocación de elementos públicos nas fachadas. Así mesmo, indica Varela que “inclúe un artigo relativo á gama de colores, pero moi escueto e xenérico” cando “tiñan a oportunidade de incluír un plan de harmonía estética de fachadas. Ao goberno socialista preocúpalle pouco o feísmo urbano”, manifesta.

“A ordenanza segue contemplando o premio de 6.000 euros ao barrio que se distinga polo seu ornato e embelecemento, pero non desenvolve máis o seu proceso”. A este respecto, o Grupo Municipal Popular monfortino cre que sería máis positivo desenvolver un concurso de proxectos para embelecer os barrios da cidade e posteriormente, co premio, levar a cabo ese plan de embelecemento.

Varela explica que ademais da modificación desta ordenanza, o equipo de goberno levou a pleno dúas iniciativas sobre urbanismo, “pero non son capaces de elaborar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) nun mandato no que dispón dunha maioría da que tanto presume”, puntualiza Varela.

Servizo de taxi

Varela considera “descabellado” que na ordenanza municipal sobre o servizo de taxi se recolla a necesidade de avisar á Policía Local cada vez que teña un servizo nas zonas peonís: “é un incordio para ambos, os efectivos da Policía Local e para os propios taxistas. Coa instalación de bolardos automáticos, coma noutras cidades, e non tantos de metal polas rúas que carecen de sentido; non habería estes problemas”, engade.

“Chama a atención que o goberno local pretenda obrigar aos taxistas a poñer publicidade institucional do Concello, a costa das arcas municipais e polo tanto co diñeiro de todos, e sen contar coa opinión do colectivo; xa que moitos taxistas rexeitan a publicidade debido aos danos que causan na pintura dos vehículos”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...