HomePolítica"Como se atreven a presumir en Monforte de investimentos ferroviarios?", pregúntanse os...

“Como se atreven a presumir en Monforte de investimentos ferroviarios?”, pregúntanse os populares trala visita do Delegado do Goberno

O Grupo Municipal Popular censura a rolda de prensa dada este mércores en Monforte polo alcalde e o delegado do Goberno en Galicia, pois “eles saben que a eliminación das variantes entre Lugo e Ourense supón deixar á provincia sen Alta Velocidade”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha vez examinados os orzamentos do vindeiro ano, os populares aseguran que non figura ningunha partida para a construción das variantes entre Lugo e Ourense. Katy Varela pregúntase “como se atreven o Sr. Tomé e o Sr. Miñones a presumir en Monforte de invesimentos ferroviarias, cando no canto de impulsar o sector, dilapídano aínda máis”. Proba delo, afirma, é que “tampouco se recuperaron as frecuencias dos trens que había antes da pandemia”.

Katy Varela convida ao rexedor socialista “a facer unha reflexión profunda” e a aproveitar o período de emendas para esixir ao Executivo a central que inclúa estes enlaces nos presupostos e reparar así unha decisión que “é un ataque frontal ás comunicacións ferroviarias na provincia”, manifesta.

Para a popular “sería, ademais, unha oportunidade para o alcalde demostre que de verdade ten peso político dentro da súa formación e que non só se move por intereses individuais”.

Neste senso, Varela critica que os dous responsables socialistas se “vanagloriasen dun gran investimento, cando, en realidade, corresponde a obras xa comprometidas e que sufriu un recorte brutal ao eliminar a execución das variantes”.

ÚLTIMAS

A xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro ‘Camiños de Ciencia’

Quiroga acollerá este venres 23 de outubro a terceira parada de Camiños de Ciencia,...

Quiroga celebra o 23 de outubro con “Estrelas galegas da ciencia”

“Estrelas galegas da ciencia” é unha actividade e espectáculo de animación á lectura vinculado...

Monforte celebra o 31 de outubro o Mercado de Outono

O evento terá lugar o vindeiro sábado, 31 de outubro, na Praza de Abastos...

Celebración do ‘Día das Bibliotecas’ cunha intensa xornada de actividades culturais no Saviñao

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao...