HomePolíticaO PP reivindica en Chantada a A-56 ante o mal estado da...

O PP reivindica en Chantada a A-56 ante o mal estado da N-540

Os populares reivindican a A-56, "unha infraestrutura irrenunciable para o suroeste da provincia" afectada tamén polo mal estado da N-540.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP desenvolveu un encontro de traballo en Chantada no que analizaron a resposta que a Ministra ofreceu ao senador e alcalde de Chantada, Manuel Varela, esta mesma semana no Senado. Cos alcaldes dos concellos afectados coñeceuse in situ o mal estado da estrada nacional N-540.

Os populares deducen da contestación sobre as previsións do Goberno de Sánchez para rematar a autovía que permitiría conectar Lugo e Ourense, as dúas capitais de provincia sen conexión deste tipo, que “non hai compromiso para facer a A-56: os ínfimos investimentos anunciados non permiten avanzar nos tramos da autovía na provincia de Lugo. É unha mala nova para os veciños dos concellos da zona, abandonados polos socialistas da provincia, que están ausentes”.

Os populares xa teñen manifestado que non renunciarían a completar a A-56 tal e como estaba proxectada, como autovía. “É unha vía imprescindible como eixo vertebrador do interior de Galicia e que, ao mesmo tempo, permitiría a conexión entre o Norte de Portugal, a comarca do Ribeiro e o norte peninsular mediante vías de altas capacidades”.

Os populares lembraron que “foi o Goberno presidido por Mariano Rajoy o que tomou en serio este proxecto investindo entre o 2015 e o 2018 as maiores cantidades para facer posible o tramo que actualmente está en funcionamento -entre os municipios de Vilamarín e Carballedo-”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...