HomePolítica"Tiñamos 4 médicos e agora temos 2" insiste o BNG na concentración...

“Tiñamos 4 médicos e agora temos 2” insiste o BNG na concentración convocada en Pantón

Un día antes da concentración de Pantón, o BNG de Lugo-Sul celebraba Asemblea Comarcal na que ratificou como responsable comarcal á portavoz municipal neste concello, Rosa Ana Prieto Florines, quen vén desenvolvendo este cargo dende hai dous anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Case un cento de persoas participaron este venres, 26 de novembro, na concentración convocada polo BNG de Pantón na praza do concello. Pedían manter as 3 prazas de médico de familia coas que conta o Centro de Saúde de Ferreira.

O Sergas insiste en que a praza que queda vacante o día 30 de novembro vaise cubrir, pero o BNG considera que vaise facer de modo itinerante e coa concentración deste venres reclamaban que sexa sempre unha mesma persoa e en horario completo de luns a venres, “pedimos ao Sergas que saque a concurso a vacante que queda en Pantón e que está sen cubrir. Lembramos que hai un ano tiñamos 4 médicos e agora mesmo temos 2.”

Desde o BNG continúan con outras iniciativas ao respecto como a recollida de sinaturas que iniciaban o pasado martes e agardan que en decembro o tema chegue ao Parlamento.

Asemblea Comarcal do BNG Lugo-Sul para a renovación dos cargos Comarcais

A organización nacionalista chegou a esta asemblea cunha única proposta do Consello Comarcal que se aprobou por unanimidade, intégrano trece persoas, máis os/as responsables locais que saian escollidos de cada unha das localidades que conforman a comarca, e unha persoa designada por Galiza Nova.

A creación dunha Executiva Comarcal, formada por seis membros do Consello, foi a novidade desta asemblea. Terá a función de realizar un “traballo máis dinámico, dentro dunha comarca tan ampla e con moi distintas problemáticas.”

Segundo a responsable comarcal, Rosa Ana Prieto: “Precisamos de políticas activas de desenvolvemento socioeconómico que fagan das oportunidades o polo de atracción de poboación e manteñan a que temos, pola contra seguen a reducirnos servizos públicos e anulando oportunidades, por iso é importante a visión ideolóxica da sociedade e do territorio. Comezamos unha nova etapa, unha etapa con moita ilusión e moitas ganas de traballar polas inquedanzas dos e das veciñas da nosa comarca”.

ÚLTIMAS

Compromiso da Xunta para recuperar patrimonio cultural da Ribeira Sacra

A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª da Carmen Martínez, referendou o compromiso da...

Só a comarca de Chantada reduce o paro no mes de setembro

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO LUGO valora positivamente os datos do paro...

O BNG denuncia incumprimentos cos viticultores da Ribeira Sacra

O BNG considera necesario que nesta vendima de 2024 as axudas cheguen directamente ás...

Experiencia INCIBE aberta ao público no pabillón do IES A Pinguela, os días 4 e 5 de outubro

Con esta actividade, o Instituto Nacional de Ciberseguridade pretende acercar ó alumnado do IES...