HomePolítica"Deixar o centro de saúde de Pantón con dous médicos é unha...

“Deixar o centro de saúde de Pantón con dous médicos é unha nefasta decisión”, aseguran CCOO e os socialistas de Pantón

Os socialistas de Pantón aseguran que coa chegada de decembro prestan servizo no centro de saúde de Pantón só 2 médicos, dos 4 que tiñan, "hai que lembrar que un sanitario xubilouse e outro trasladouse a Ourense", sinalan.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Agrupación Socialista de Pantón esíxelle ao Alcalde de Pantón que “se poña a traballar e se poña a cabeza de calquera mobilización para recuperar a praza de médico no centro de saúde de Pantón. Concellos como o noso, estamos vivindo e padecendo en primeira persoa o abandono e a indiferencia absoluta do Goberno de Feijóo. Por unha banda o PP promove diante dos medios que apostan polo rural, pero a realidade que sufrimos os que vivimos aquí é completamente distinta. E a atención sanitaria dos nosos centros de saúde son un claro exemplo”, advirten.

Convidan a toda  veciñanza a que se mobilicen e reivindiquen os seus dereitos. “Non podemos permitirnos o luxo de perder máis servizos na nosa vila, e non imos quedarnos de brazos cruzados”, sinalan. Anuncian que estarán presentes na convocatoria do día 9 de decembro e que tomarán todas as medidas necesarias para seguir contando cos médicos que precisa Pantón.

“Isto é intolerable”, afirma CCOO

Dende a Sección Sindical de CCOO instan á consellería de Sanidade a que cubra a praza de médico do centro de saúde de Pantón. Aseguran que a praza non se cubriu no concurso de traslados “por unha artimaña da consellería para amortizar a praza. Deixar o centro con soamente 2 prazas de facultativos é unha nefasta decisión por parte da consellería. E por se fose pouco, está previsto que a medidados deste mes un único médico se faga cargo da cobertura médica do concello,” conclúe o sindicato.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...