HomePolíticaO BNG de Pantón pídelle ao alcalde que apoie a concentración do...

O BNG de Pantón pídelle ao alcalde que apoie a concentración do día 9 diante do centro médico

O BNG de Pantón presentou diferentes iniciativas no Parlamento e no Concello para evitar a perda do terceiro médico en Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta formación política encabezou as protestas sociais ante a progresiva perda de médicos no concello e anuncia que seguirán pedindo a reposición do terceiro médico.

Na actual situación chaman á poboación de Pantón a acudir á concentración do día 9 a partir das 13:00h diante do centro médico e lembran que continúa coa recollida se sinaturas que se entregarán na consellaría de sanidade para esixir a cobertura desa praza.

“Así mesmo queremos manifestar o apoio do bng a esta mobilización social e reiteramos a petición pública ao señor alcalde de Pantón para que se posicione co pobo ao que ten obriga de representar e defender e acuda a esta convocatoria e se poña á fronte xunto cos outros partidos da corporación”, lembra a voceira do BNG no Concello de Pantón, Rosana Prieto.

ÚLTIMAS

Hospitalizada unha menor tras caer na piscina de Monforte

Unha menor foi levada ao hospital este domingo tras ser sacada da auga nunha...

De Vacas, Beret, Ráfaga, Miss Cafeína e Marlon actuarán nas Patronais de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, e...

Courel Vivo denuncia ante o Valedor do Pobo a precaria situación médica do concello

Lembran que os días que non hai médico en Seoane, o centro médico máis...

Por Chantada esixe actuación municipal fronte aos proxectos de baterías Belesar I e II

Por Chantada – Interior Galego Vivo defenderá no Pleno ordinario do próximo 28 de...