HomePolíticaO concello de Monforte inviste 300.000 euros na mellora de 15 rúas

O concello de Monforte inviste 300.000 euros na mellora de 15 rúas

Os barrios beneficiados polas actuacións que se iniciarán a finais de outubro son o da Estación, o Hospital, San Lázaro-A Pinguela, San Pedro e contorna da Veiguiña.

Publicado o

- Advertisement -

Un dos proxectos presentado polo concello supón melloras nas rúas:

  • Carlos Casares
  • Avelino Cachafeiro
  • Jacinto Benavente
  • Juan Ramón Jiménez
  • Rosalía de Castro
  • Ramón y Cajal
  • Padre Feijóo
  • Juan Montes
  • Miguel de Cervantes

Estas obras suporán unha importante mellora para o barrio da Estación cun investimento de 144.722 euros.

O outro proxecto conta cun orzamento de 144.261 para actuar na zona do Hospital Comarcal, contorna da rúa Veiguiña e zona de San Lázaro-A Pinguela con obras na rúas:

  • Rúa Abeledos
  • Rúa Corredoira, tramo 1 e 2
  • Rúa Veiguiña (inclúe o tramo inicial da rúa Santiago)
  • Ferrol
  • Rúa San Lázaro
  • acceso ás vivendas da Pinguela

O 24 de setembro remata o prazo para presentar ofertas e o 27 celebrarase a mesa de contratación coa previsión de comezar as obras entre finais de outubro, comezos de novembro. Ditas obras consistirán nun tratamento de aglomerado en quente nas 15 rúas, sinalización e pintado.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...