HomePolíticaO BNG de Chantada denuncia o abandono do sector vitícola fóra de...

O BNG de Chantada denuncia o abandono do sector vitícola fóra de períodos electorais

A Deputada nacionalista por Lugo, Carme Aira presentaba a pasada primavera unha petición de axudas directas para os viticultores afectados pola pedra no sur de Lugo, nomeadamente na Ribeira Chantadina de San Fiz. A resposta do Goberno Galego coñécese agora.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na defensa das axudas directas, Carme Aira lembrou que foi o que pediron aos nacionalistas as persoas afectadas o mesmo día dos danos. Segundo a nacionalista, a resposta da Xunta “dá fe unha vez máis de que o sector primario non é unha prioridade do goberno galego, xa que se fose así non despacharía un dano tal, con subvencións a seguros agrarios, que son axudas a un sector, que non é o do viño”.

Os nacionalistas consideran que a Xunta utilizou a xefatura territorial de Lugo para facilitarlle o traballo ás aseguradoras, a quen destina os cartos, “aínda que a axuda nominativa sexa para un viticultor, os cartos deben ser empregados nun seguro. Isto ademais, deixa fóra a gran número de persoas que traballan as ribeiras sen ser a súa actividade principal, pero que axudan a manter a paisaxe”.

Tras a resposta do goberno galego, a deputada do BNG replicou que “o problema é que a Xunta nin escoitou, nin escoita as mans que manteñen as viñas. Cando hai eleccións as axudas son directas, e a pasada primavera a pedra veu fóra do período electoral, cando na ribeira de Doade no ano 2016 a administración galega deu axudas directas a aquelas persoas que non tiñan seguro.”

Na mesma liña o BNG de Chantada amosa a súa sorpresa ante a auto compracencia do goberno galego e o “abandono que supón para o sector a falta de seguimento aos danos sufridos na Ribeira de San Fiz.”

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...