HomePolíticaO PP de Samos propón ao concello mellorar nove pistas con cargo...

O PP de Samos propón ao concello mellorar nove pistas con cargo ao Plan Único

O voceiro popular, José Fernández Vázquez, defenderá unha moción na próxima sesión plenaria na que propón que o Concello repare nove vías municipais con cargo ao Plan Único da Deputación, que, para este municipio, ascende a 282.251,29 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A relación de vías públicas que os populares queren que sexan melloradas son as seguintes: acondicionamento da Calella, no lugar de Proucelo; pavimentación da praza en San Cristóbal de Loúzara; acondicionamento de camiños  interiores en Lourido; vía municipal dende Manxar a Samos; dende o lugar da Cruz hasta Pascais; acceso dende a estrada de Samos a Zoo ata a igrexa de Loureiro; acceso a casa Fidalgo dende o Cerro no lugar de Teivilide; reparación do firme da vía de acceso ao lugar de Portela-Loúzara; camiño de acceso aos pasteiros de Zoo (tapar fochancas e limpeza de cunetas).

O portavoz popular di que a citada relación de vías a acondicionar foi elaborada en función das queixas expresadas pola veciñanza antes o mal estado no que se atopan. Sostén que as obras son precisas para mellorar a seguridade vial, tanto para o tráfico rodado como para o peonil.

ÚLTIMAS

Novo encontro en Chantada do programa “Fibranzas” para a formación en cestería

A Fundación Artesanía de Galicia continúa co desenvolvemento do seu programa de perfeccionamento Fibranzas....

O PSdeG chama en Monforte á máxima mobilización para gañar o segundo deputado na provincia, “xogámonos o escano co PP”

A unha semana das eleccións xerais, os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao...

Este 28 de novembro no Auditorio Municipal do Saviñao cita co teatro para público infantil e familiar

O sábado, 28 de novembro ás 18:00 horas no Auditorio Municipal do Saviñao representarase...

25N, por que?, tema do faladoiro desde 25 de novembro en Quiroga

O Faladoiro deste mes contará como persoa convidada con Marisa Castro, avogada e directora...