HomePolíticaO BNG de Monforte leva a pleno a construción de beirarrúas nos...

O BNG de Monforte leva a pleno a construción de beirarrúas nos camiños da periferia de Monforte

Emilio Sánchez preguntará tamén, se o amaño comprometido polo goberno para o mercado gandeiro, se limitará unicamente á substitución da cuberta de dúas das naves.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nas últimas datas estanse levando a cabo traballos de asfaltado en varias vías municipais da “periferia” de Monforte, como O Fabeiro, As Gándaras ou O Casar. Estes camiños dan servizo a un elevado número de veciñ@s e, así e todo, carecen de beirarrúas transitables co perigo que isto supón. Por este motivo, e “en atención a que hai espazo suficiente para a mellora dos viais,” o BNG pedirá no pleno que se execute esta mellora da seguridade pública.

Por outra banda, Emilio Sánchez lembrará unha moción presentada hai varios meses polo BNG, a respecto do amaño do Mercado Gandeiro. Daquela, o portavoz do goberno contestou que se contemplaban amaños importantes para o futuro.

Hai pouco tempo arranxouse o teito de dúas das naves. O concelleiro nacionalista preguntará se esta era a gran reforma á que se refería o goberno, ou haberá que seguir esperando a un amaño integral desta infraestrutura.

En varias ocasións foi obxecto de debate no pleno municipal o “pésimo estado de conservación das rúas Manuel Murguía e da Xesta” (pista do canal), sen que, ata o de agora, nada se fixera ao respecto. O BNG pedirá no pleno que se realicen as xestión necesarias para que, dunha vez por todas, se amañen estas rúas.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...