HomePolíticaTerceiro médico para Pantón e novo centro de saúde, insiste o PPdeG

Terceiro médico para Pantón e novo centro de saúde, insiste o PPdeG

A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, incidiu este xoves no Parlamento galego no compromiso da Xunta de Galicia coa sanidade no concello de Pantón, “que se manifesta co cumprimento da reposición do terceiro médico sen amortizar a praza e coa construción dun novo centro de saúde”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Encarna Amigo cualificou a BNG e PSdeG de “oportunistas” ao debater esta mañá no Parlamento galego unha iniciativa sobre a atención sanitaria en Pantón, porque “válelles todo para desprestixiar a sanidade en Galicia”. Neste sentido, salientou que “o propio conselleiro xa anunciou que se poderá un terceiro médico neste concello, que substituirá ao facultativo que se xubilou e que tiña alí a súa praza”.

“Esta praza do médico xubilado non se amortizou, o que pon de manifesto a decisión e o compromiso de continuidade dun terceiro médico en Pantón”, salientou a portavoz popular. Ademais, lembrou que este concello lucense contará cun novo centro de saúde con espazo para tres médicos.

O centro de saúde de Pantón ten adscritas 2.100 tarxetas sanitarias, unha media de 700 cartillas por facultativo, “mellorando significativamente a ratio considerada ideal polas sociedades científicas,” sinalan desde a Xunta.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...