InicioPolíticaArranxo urxente da N-120 e reactivar a A-76, demandan ao Goberno os...

Arranxo urxente da N-120 e reactivar a A-76, demandan ao Goberno os senadores lucenses

Lembran que na N-120 o treito que discorre entre Monforte e Ourense, de apenas 46 quilómetros, pode levar ata unha hora de tempo debido a que entre Os Peares e a capital ourensá hai unha liña continua que pode chegar a retrasar o traxecto entre 20 e 25 minutos. Esta situación afecta tamén ás comunicacións co sur de Galicia e o norte de Portugal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os senadores lucenses piden ao Goberno o arranxo urxente da N-120 e reactivar a A-76. Os populares levan este asunto á Cámara Alta debido a que, no caso da nacional, “supón un perigo constante”. Din textualmente na moción: “La N-120 es una carretera nacional que recorre el norte de la península, partiendo desde Logroño y finalizando en Vigo, y atravesando localidades de La Rioja, Castilla y León y Galicia. Pero el estado de esta vía en algunos puntos de la comunidad autónoma gallega, concretamente a su paso por la provincia de Lugo, deja mucho que desear en cuanto a seguridad. Así, a su paso por la provincia de Lugo, la carretera nacional N-120 muestra notables carencias que es preciso subsanar a la mayor brevedad, tanto en cuanto afectan a la seguridad e incluso a la vida de los usuarios de esta carretera”.

Aseguran os populares que os accidentes mortais nesta vía son habituais, o último tivo lugar en decembro do 2020, cando unha moza de 24 anos perdeu a vida ao chocar contra a mediana da estrada, moi preto da desembocadura do río Lor, no municipio de Quiroga. Ese mesmo ano, en outubro, tamén faleceu un camioneiro, á altura do municipio de Ribas de Sil e, en novembro de 2021, un accidente rexistrado á altura de Sober saldouse con 8 feridos de diversa consideración.

Os 14 quilómetros da N-120 que discorren entre Pantón e Nogueira de Ramuín, ambos na provincia de Lugo, figuraron no ano 2017 como o tramo más perigoso da rede de estradas del Estado.

Por outra banda, “á altura do viaduto de Soldón, en Quiroga, o pavimento está tan deteriorado que non só os coches circulan pola estrada deben reducir notablemente a velocidade por motivos de seguridade, senón que, a choiva de grava que cae dende a nacional impacta sobre os vehículos estacionados ao pé do viaduto, chega a rachar os cristais dos vehículos,” engaden os populares.

Proxecto parado

Lembran os populares que na etapa de Mariano Rajoy ordenárase a redacción dun proxecto de trazado de implantación de carril na nacional que solucionara estes problemas. Sen embargo, en febreiro de 2021, o Goberno de Pedro Sánchez respostaba ás preguntas formuladas polos deputados e senadores do PP que o proxecto aínda estaba en redacción. “É dicir, o proxecto para a creación de novos carrís de adiantamento leva en redacción máis de 49 meses, algo que resulta intolerable”, afirman.

A N-120 é a única vía de comunicación entre a comarca de Lemos e as comarcas orientais de Ourense, dado que a alternativa, a autovía A-76, “se atopa paralizada e os Presupostos Xerais do Estado contemplan para 2022 unha partida meramente simbólica, ao igual que a establecida o pasado ano,” conclúen desde o PP.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...