HomePolíticaAtendeu a Deputación as queixas de Folgoso do Courel sobre a estrada...

Atendeu a Deputación as queixas de Folgoso do Courel sobre a estrada LU-P-1301?

O Concello de Folgoso do Courel agradécelle á Deputación de Lugo que atenda as queixas que os tres grupos da Corporación trasladaron en relación coa execución das obras da estrada LU-P-1301 que comunica Pedrafita con Folgoso do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo informan desde o concello de Folgoso do Courel, a Deputación Provincial de Lugo, decidiu intervir de novo na estrada, tras as queixas feitas públicas pola totalidade da Corporación do Concello de Folgoso do Courel. “Decidiron anchear a curva para facilitar o tránsito dos vehículos e non deixala tal e como estaba, como fixeron na actuación inicial,” aseguran desde o concello.

“Esta nova intervención na estrada demostra que as queixas dos tres grupos municipais eran fundadas e non unha estratexia política do equipo de Goberno como sostivo a deputada socialista Pilar García Porto,” afirman desde Folgoso do Courel.

Desde o Concello agradecen esta rectificación, e consideran que vén a demostrar que a actuación era manifestamente mellorable e que as obras non se estaban facendo ben, como así se denunciou por parte do PP, o PSOE e C@urel Vivo.

O Goberno local lamenta que non se fixera xa de partida “unha obra decente e conforme ás necesidades que presentaba a vía e que o presidente se refira a saldar unha débeda co Courel cando á vista queda que optaron por facer o mínimo posible”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...