IniciosociedadeDesconformidade dos grupos municipais de Folgoso do Courel coa mellora da estrada...

Desconformidade dos grupos municipais de Folgoso do Courel coa mellora da estrada provincial LU-P-1301

Os grupos municipais con representación no Concello de Folgoso do Courel; Partido Popular, C@urel Vivo e PSOE amosan a súa desconformidade coas obras que está a levar a cabo a Deputación Provincial de Lugo na estrada provincial LU-P-1301, que une Pedrafita do Cebreiro con Seoane do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os tres grupos asinaron un escrito que presentarán na Deputación Provincial no que lembran que esta estrada é a principal vía de unión entre o norte e o sur do Courel e tamén a vía de acceso á A-6.

Segundo informan, a mediados de decembro a institución provincial explicou que as actuacións adxudicadas en Xunta de Goberno contemplaban a ampliación da estrada dende o punto quilométrico 8,6 ao 10,7, pasando dos 4 metros ata os 5,5 metros de ancho. Tamén que se farían tarefas de drenaxe, afirmado, pavimentación e sinalización horizontal e vertical. Ademais, anunciaron a colocación de balizas de neve, paneis direccionais, fitos quilométricos, carteis e novos tramos de barreira metálica de seguridade.

Tras varias semanas de obras, os Grupos Municipais do Concello de Folgoso do Courel consideran que a actuación non responde ao proxecto que se ten anunciado e a súa execución está sendo moi deficiente, polo que convidan á Deputación de Lugo a visitalas e ver o estado no que se atopa a vía, aínda despois de ter actuado nela.

Os tres grupos políticos recordan ademais, que existía un proxecto inicial do ano 2018 no que se comprometera un investimento de 1,8 millóns de euros, que tras ser abandonado, pasou a este novo proxecto que a Deputación dividiu en tres fases “cunha redución moi importante do presuposto, que rebaixan ata o millón de euros. Había un orzamento de 1,8 millóns para arranxar 2 km nunha soa fase e agora con moito menos pretenden arranxar os 6 km que faltan,” lamentan.

“Coa actuación que están acometendo non eliminan as curvas perigosas, tal e como se anunciara, o que seguirá dificultando o tránsito dos autobuses para un Concello no que o turismo medra ano tras ano. Ademais, a capa de aglomerado que botaron xa se está levantando e tampouco presenta o grosor recollido no proxecto,” denuncian.

Os tres grupos municipais asinan este documento, que enviarán á institución provincial para que tome cartas no asunto e se comprometa a desenvolver o proxecto tal e como foi aprobado. Engaden ademais que son numerosas as queixas de veciños e usuarios da vía que trasladan o seu malestar polo traballo que se está a desenvolver na estrada, unha arteria fundamental entre ambos os municipios.

ÚLTIMAS

Monforte estrea novo furgón de atestados para a Policía Local

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presentou o novo furgón de atestados para...

Redes Lilas visibiliza en Sober ás mulleres asasinadas en España no último ano

Esta semana tivo lugar a terceira actividade da programación feminista de 'Redes Lilas', proxecto...

Concerto do violonchelista Carlos Vidal, o 14 de abril en Sober

O músico, Carlos Vidal, ofrece o domingo, día 14, un concerto de violenchelo en...

María Vázquez será ‘pregoeira na súa terra’, na XXI Festa da Carne ao Caldeiro

O domingo 14 de abril terá lugar unha nova edición da Festa da Carne...