HomePolíticaQuen aposta máis pola autovía A-76? PP ou PSOE

Quen aposta máis pola autovía A-76? PP ou PSOE

O anuncio de formalización de contrato para a redacción dos proxectos de trazado e construción dun tramo da A-76 Ponferrada-Ourense, fixo que o PP de Monforte queira  recordar que os primeiros trámites se efectuaron durante o Goberno de Mariano Rajoy.

Publicado o

- Advertisement -

O tramo do que se vai a redactar o proxecto corresponde ao enlace Monforte Este-Babela. Un treito de 7,7 km nos termos municipais de Monforte de Lemos, Sober e Pantón. Na contorna do Alto da Bastida, desde a ligazón de Monforte Este ata a ligazón de Monforte Oeste. A previsión é facer un novo trazado, duplicando a actual estrada N-120 ata chegar á Babela, onde se remodelará a actual ligazón coa estrada autonómica de Monforte a Chantada, que servirá tamén de conexión coa futura autovía A-72 (Monforte-Chantada).

O importe total do orzamento base de licitación publicado no BOE do 11 de novembro de 2017 ascendía a 1.036.728,00 euros. O orzamento das obras para definir polo proxecto que ten un prazo de 18 meses para a súa redacción, estímase en 32,6 millóns de euros.

A voceira popular, Julia Rodríguez, lembra que o anuncio de formalización de contrato dá continuidade ao traballo iniciado polo PP cando Rajoy era Presidente e demostra “o compromiso dos populares con esta infraestrutura” que beneficiará a moitos usuarios.

ÚLTIMAS

Caurel Vivo volve a propoñer destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Caurel Vivo asegura que o concello se enfronta a importantes retos demográficos, sociais e...

O PP de Monforte prepárase para “lograr un cambio de Goberno” nas elección xerais

Os afiliados do PP de Monforte de Lemos mantiveron esta semana unha reunión de...

Patricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

A nova voceira nacionalista é veciña de Vilaesteva e profesora de Lingua Galega de...

Monforte convoca axudas para deportistas invidivuais federados

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este pasado martes, 20 de outubro,...