HomePolíticaMedidas de Por Chantada ante a "ofensiva espoliadora eólica"

Medidas de Por Chantada ante a “ofensiva espoliadora eólica”

Por Chantada solicítalle ao Concello de Chantada a contratación dunha empresa que asesore e desenvolva alegacións á LAT Belesar – San Fiz para demandar o seu total soterramento e garantir que o valor das terras e os direitos das persoas afectadas se respectan.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por Chantada denuncia que nos últimos meses se produce unha auténtica vaga de proxectos eólicos que ameazan con transformar aínda máis a paisaxe natural e humana das comarcas. Refírense, en concreto, a unha liña de alta tensión (LAT) que aseguran “iría desde o Maxal ata Belesar, con parroquias como San Fiz de Asma totalmente xa saturadas con 39 torretas de alta tensión, case 8 por km2 cando a Xunta ten en tramitación un POMF para esta parroquia, o primeiro da Galiza,… unha parroquia en zona BIC (categoría de paisaxe Ribeira Sacra) e incluída na Reserva de biosfera Ribeira Sacra e serras de Oribio e Courel. Para que serven estas figuras de protección alén de criaren marcas territoriais para o turismo? Para complicar a vida a quen aínda resiste no rural mentres se lle agasalla a Terra ás multinacionais?”

Critican que no caso do Maxal tanto o parque canto a LAT son competencia da Xunta e non hai exposición pública, nin informes sectoriais polo que os propietarios afectados están sen información algunha á hora de asinar a cesión das súas terras.

Segundo Por Chantada, a Xunta leva anos facendo normas que facilitan cada vez máis ás empresas desenvolver os seus proxectos en detrimento da participación pública e dos dereitos e intereses das comunidades afectadas. Lamentan que os concellos non teñan a este respecto capacidade de intervención e participación; “Isto supón un agravio comparativo e un grave prexuízo para as entidades locais cuxos territorios e habitantes teñen que soportar os impactos da implantación destas infraestruturas con moi escasas compensacións económicas”, aseguran.

Que propón Por Chantada?

1.- A revisión por parte da Xunta do Plano Sectorial Eólico para adaptalo á normativa de Avaliación Ambiental Estratéxica e por parte do Goberno central a incorporación de criterios de sensibilidade ambiental e afección territorial e social na planificación e regulamentación das enerxías renovábeis.

2.- Solicitar da Xunta e do Estado unha moratoria real dos novos proxectos eólicos e dos que actualmente se atopan en tramitación e aínda non foran aprobados.

3.- Modificar a actual Lei Eólica galega e o marco regulatorio estatal para garantir a participación municipal e das comunidades locais nos proxectos eólicos.

4.- Reformar o actual Canon Eólico e o Fondo de Compensación Ambiental para gravar a potencia instalada en lugar do número de muíños e permitir aos concellos a xestión directa do Fondo de Compensación.

5.- Crear unha oficina de información para os concellos e o público en xeral que atenda ás consultas e dúbidas sobre a tramitación administrativa dos proxectos eólicos.

6.– Impulsar desde o Concello de Chantada a contratación dunha empresa que asesore e desenvolva alegacións á LAT Belesar – San Fiz para demandar o seu total soterramento e garantir que o valor das terras e os direitos das persoas afectadas se respeitan.

ÚLTIMAS

Manuel Diéguez incide na ‘seguridade e coidado do viñedo’ na presentación oficial da 50 edición da ‘Subida Automobilística a Chantada’

Na presentación da 50ª edición da Subida Automobilística a Chantada, o primeiro en falar...

Déixate guiar pola Pobra do Brollón este verán

As visitas vinculadas á arqueoloxía son o Castro de San Lourenzo de Cereixa, Penas...

200 persoas de 13 parroquias de Chantada participaron do programa Actívate no Rural

O Concello de Chantada a través da concellaría de Servizos Sociais organizou desde o...

Panorama e Combo Dominicano nas Festas de Quiroga

O Concello de Quiroga comeza a facer públicas as actuacións das súas festas de...