HomePolítica"Con Tomé en lugar de obras temos chapuzas", asegura o PP de...

“Con Tomé en lugar de obras temos chapuzas”, asegura o PP de Monforte

O Grupo Municipal do Partido Popular de Monforte de Lemos denuncia o mal estado no que quedaron as obras realizadas recentemente nas rúas Abelardo Baanante e Armando Cotarelo, ademais de na praza Doctor Goyanes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela considera que “isto é unha falta máis de rigor na xestión de Tomé, que sempre ten moita presa en facer obras pero non se preocupa da súa execución real”.

Varela explica que, tanto en Armando Cotarelo como na praza, acumúlanse charcos de auga con facilidade que, sumado á humidade, dá lugar á aparición de mofo e verdín. “Ademais de dar unha imaxe de falta de limpeza e de descoido, pode ser perigoso para os viandantes que poden patinar”, advirte.

Estas obras xa foron polémicas dende o seu inicio, segundo remarca a popular, pois “ademais de seren paradas en diversas ocasións debido aos problemas da pedra  e coa empresa encargada de facelas, agora, unha vez rematadas, o estado é vergoñento”.

“Con Tomé en vez de obras en Monforte o que temos son chapuzas e isto co tempo tradúcese nun maior gasto para os cidadáns e para o propio Concello”, conclúe.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...